2 jun 2025

EXCURSIÓN!

 Hoxe, día 2 de xuño, os alumnos e alumnas de segundo de primaria fomos de excursión a MUVICLA, unha granxa ecolóxica e museo de maquinaria que hai en Trasliste (Láncara).


Alí coñecimos a Marcos e á súa familia.

Eles ensináronnnos a colección de tractores que teñen, de hai moitísimos anos, e outros que están restaurando.














Tamén vimos unha figueira centenaria, mazairas e vacas de tenreira galega suprema; así como apeiros de labranza e sementes de millo e trigo.








E mesmo desfrutamos dun capítulo dunha serie de tractores en inglés e do son da gaita tocada polo propio Marcos.
















Ah! Deunos tempo a xogar, merendar e ata cantar!


   A verdade é que pagou a pena, porque foi divertido e aprendimos moitas cousas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

                                   ¡FIN DE CURSO! Fai clic  para ver o vídeo 👇